FORMACIÓN

Aprende a "sobrevivir" en casa cos cursos do Concello de Ourense

A Concellería de Igualdade pon en marcha dous cursos para aprender as tarefas básicas do fogar e rachar cos tópicos sobre os roles de xéneros

A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense pon en marcha o curso "Vales un 10" para aprender a desenvolverse nas tarefas do fogar e rechar cos tópicos sobre os roles de xéneros. Será totalmente gratuíto e poderán facelo todas aquelas persoas maiores de 18 anos que estén interesadas.

O programa terá lugar no Centro de Información para a Muller e consistirá en dous cursos: un de "supervivencia doméstica" e outro de "costura e alisado de roupa". O prazo de inscripción estará aberto ata o 6 de maio.

O obradoiro de "supervivencia doméstica" no que se ensinará a realizar as tarefas básicas, terá lugar todos os mércores dende o 11 de maio ata o 8 de xuño de 10 a 12:30 horas.

O outro, baixo o nome de "Nin te cortes nin te queimes", terá lugar os xoves dende o 10 ao 31 de maio, tamén de 10 a 12:30 horas.

Te puede interesar