PEREIRO DE AGUIAR

Aprobado o proxecto para facer dúas sendas peonís no Pereiro

 As intervencións están incluídas no Plan de sendas de Galicia na comarca de Ourense e suman 16 quilómetros e un investimento de máis de 2,6 millóns de euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aprobou onte o proxecto para construír dúas sendas peonías no Pereiro de Aguiar, na zona dos parques empresarias na Derrasa.A Xunta destinará a estas actuacións un investimento de máis de 970.000 euros e nas vindeiras semanas será declarado de utilidade pública para licitar as obras este mesmo ano.

Unha das sendas proxectadas situarase na marxe dereita da OU-537, a estrada que comunica os parques empresariais, entre A Medorra e a intersección coa OU-536, xa na Derrasa. Terá unha lonxitude aproximada de máis de 2 quilómetros,

O outro itinerario realizarase na marxe esquerda da propia OU-536, desde a ponte que atravesa  o río Loña, no trazado da antiga estrada, ata o paso de peóns da Derrasa, nun treito de un quilómetro. 

 As intervencións están incluídas no Plan de sendas de Galicia na comarca de Ourense e suman 16 quilómetros e un investimento de máis de 2,6 millóns de euros

O obxectivo é incrementar a seguridade de peóns e ciclistas. 

As sendas deberán ter un ancho mínimo de 1,8 metros na OU-537 e de 2,5 metros na OU-536, e

deberá estar separadas da calzada por unha cuneta de seguridade e por unha banda axardinada

nalgúns tramos, segundo as necesidades de cada subtreito. O material de construción deberá ser o formigón coloerado. 

Te puede interesar