O TEMPO

Arnoia rexistra a máxima temperatura da xornada, con 36,9 grados

Ourense 1/8/18
Empieza la ola de calor en Ourense

Fotos Martiño Pinal

Tres municipios ourensanos roldaron os 36. En concreto, A Portela en Vilamartín de Valdeorras, con 35,9 graos, Leiro, con 35,6 e a propia cidade de Ourense, con 35.

As localidades de Arnoia, en Ourense, e de Arbo (Pontevedra), alcanzaron temperaturas de 36,9 e 36,6 graos, respectivamente, durante este mércores en Galicia, nas primeiras horas da onda de calor prevista para esta semana e que ten en alerta laranxa a algúns puntos da comunidade xa a partir deste xoves.

Segundo os datos rexistrados por Meteogalicia, o lugar de Cequeliños, en Arbo, e de Remuíño, en Arnoia, alcanzaron temperaturas de case 37 graos na comunidade galega.


Após estas localidades, tres municipios de Ourense roldaron os 36. En concreto, A Portela en Vilamartín de Valdeorras, con 35,9 graos, Leiro, con 35,6 e a propia cidade de Ourense, con 35.


Tamén a provincia ourensá rexistrou as mínimas do día, con 4,6 graos de madrugada en Calvos de Randín e con 7,6 graos en Baltar.

A subida de temperaturas será máis acusada a partir deste xoves, con alerta laranxa en zonas do Miño en Ourense e Pontevedra e a área de Valdeorras, onde se prevé que as máximas alcancen os 40 graos. A partir do venres, a situación será máis xeneralizada e afectará a gran parte da comunidade galega.

Te puede interesar