Concerto

A artista Nathy Peluso traerá as súas melodías a Ourense con SON Estrella Galicia

A cantante arxentina ofrecerá este xoves día 5 un concerto no café & Pop Torgal a partir das 20,30 horas

A artista revelación de 2018 Nathy Peluso levará as súas melodías este xoves á cidade de Ourense e o venres a Vigo da man de SON Estrella Galicia.

Segundo informa a organización, a cita deste xoves 5 de abril terá lugar ás 20,30 horas no café & Pop Torgal, cun prezo de 12 euros en venda anticipada e de 15 euros en despacho de billetes.

Mentres, o venres 6 de abril a actuación está prevista ás 21,00 horas en Radar Estudos, en Vigo, cunha entrada a 12 euros en venda anticipada e de 15 euros en despacho de billetes.

SON Estrella Galicia destaca que a arxentina Nathy Peluso ofrecerá unha "impactante explosión de melodías, letras e imaxes únicas" e engade que a súa música "flúe do blues, ao rap, da salsa ao jazz cunha esencia propia e inconfundible".

Após varios singles de éxito como `Esmeralda`, con Guayaba Records e o produtor madrileño Odd Liquor, saca á luz `Corashe`, un single que superou o millón de visitas en menos de 2 meses, como preludio do seu novo EP 'La Sandunguera'.


Ciclo


Na súa IX edición, SON Estrella Galicia destaca que "mantén a súa aposta pola música alternativa: aquela que mestura estilos diversos, fusiona xéneros e crea tendencia sen esquecer os clásicos".

Cada concerto de SON Estrella Galicia, engade a organización, "rende culto á música en directo en salas de referencia, festivais e escenarios inusuais". O obxectivo, sostén, céntrase en "ofrecer ao público máis melómano experiencias musicais inesquecibles".

Te puede interesar