Economía

Artur Yuste: “Reforzamos o noso rol na economía local"

2_resultado
photo_camera O presidente, Artur Yuste e o director xeral, José Manuel Cabaleiro na xunta xeral de Sogarpo.
O presidente de Sogarpo destacou os 643 avais concedidos a empresas por 34,7 millóns de euros

O presidente da Sociedade de Garantía Recíproca de Pontevedra e Ourense (Sogarpo), Artur Yuste, eloxiou este xoves na xunta xeral da entidade - celebrada no Salón de Actos da Confederación de Empresarios de Pontevedra - o "reforzado rol que pasaron a desempeñar as Sociedades de Garantía Recíproca (SGR) na reconstrución das economías locais" para superar os efectos da pandemia do covid-19. Yuste tamén destacou que "nunca estivemos tan cerca e tan conectadas co sector público, cas entidades financeiras e cos beneficiarios finais dos nosos produtos de aval"

Na presentación ante a xunta xeral do informe anual, o director recordou que "nunca antes houbo tanta necesidade para nutrir a pemes e autónomos de liquidez e circulante. Sabémolo, e asumimos a nosa función e cometido con altura de miras. Facémolo ademais coas garantías de solvencia, equilibrio e mediación do risco". Logo disto, o director da sociedade tamén comentou que Sogarpo recibiu e xestionou máis de 1.400 solicitudes de financiación.

Sogarpo, sociedade que facilita a autónomos e pemes o acceso a liñas de financiación a través de avais, concedeu 643 avais por un importe de 34,74 millóns de euros en 2019, e inxectou 49,52 millóns na economía galega, o que supón unha mellora dos resultados obtidos no ano 2018. Os avais formalizados o ano pasado permitiron consolidar un total de 4.650 empregos, que supón un 1,6% máis ca en 2018. 

O repunte de actividade pola demanda de financiación dende a situación de alarma xerada polo covid, fan que as espectativas da sociedade presidida por Yuste para 2020 continúen a ser de auxe. 

Sogarpo, que actúa principalmente en Ourense e Pontevedra, conta na actualidade con 7.230 empresas asociadas (socios protectores ou partícipes) e no seu capital participan a Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica, diputacións provinciais, asociacións empresariais e as principais entidades financeiras da comunidade autónoma galega. 

Te puede interesar