Avalían os "riscos psicosociais" dos traballadores municipais

O estudo comezará polas áreas de Policía Local e Bombeiros

O Concello de Ourense realizará unha avaliación dos seus traballadores co obxectivo de "coñecer os riscos psicosociais aos que se poidan enfrontar", destacan. 

O estudo, presentado onte luns no salón de plenos pola empresa Cualtis, concesionaria do servizo de prevención, dentro do marco do comité de seguridade e saúde, pretende comezar polas áreas de Policía Local e Bombeiros, pero estenderase a todo o persoal municipal. 

Á reunión acudiron o departamento de Recursos Humanos, co concelleiro Armando Ojea á fronte, e representantes das centrais sindicais. 

O primeiro paso será a creación dun grupo de traballo para asesorar a análise. Estaría formado por tres técnicos municipais, tres delegados sindicais e a empresa concesionaria, Cualtis. O comité reunirase de novo o vindeiro luns co obxectivo de conformar este grupo de traballo.

Te puede interesar