Obras

Avanza o proxecto da construcción das sendas en San Cibrao e Pereiro

O proxecto da Xunta suporá a expropiación de 81 fincas da zona para a construcción das sendas peonís

A Consellería de Infraestructuras e Mobilidade publicou o procedemento polo que se somete a información pública o proxecto de construcción de dúas sendas peonís na estrada OU-101 ao paso polos concellos de San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz e Pereiro de Aguiar. O proxecto suporá a expropiación de 81 fincas necesarias para a construcción dos camiños e o presuposto da inversión ascende a máis de 800.000 euros dos cales 63.000 estarán destinados ao pago das expropiacións. 

O obxetivo do proxecto é aumentar a seguridade vial dos veciños destas zonas garantizando un espazo seguro polo que poidan circular, explican dende a Xunta. A primeira das sendas construirase a partir do cruce do rego de Pazos ata chegar ao núcleo rural de Campinas, facilitando o acceso dos veciños destas zonas que na actualidade carecen de beirarrúas. A outra das sendas construiráse no cruce de acceso ao núcleo de Cascarreira. 

Os itinerarios terán unha lonxitude de máis de 2,1 quilómetros e un ancho mínimo de 1,8 metros. Tamén se inclúen tres novos refuxios das paradas de autobús situadas na zona. O proxecto englóbase dentro do Plan de Sendas de Galicia na comarca de Ourense e conta coa cofinanciación dos fondos europeos FEDER.

Te puede interesar