Baixa o prezo do autobús en Barbadás, tras 10 días de sobrecuste

Desde Mobilidade aclaran que o prezo de 1,50 euros por viaxe será o que custe o pago en efectivo cando se instalen as máquinas canceladoras e se poña en marcha a tarxeta de transporte metropolitano

Os veciños de Barbadás deixarán de pagar 1,50 euros polo autobús interurbano, unha decisión que causara indignación entre a poboación, e que foi revertida nuha vez que a Xunta e a empresa comunicaron ao Concello que se cobrara indebidamente un sobrecusto de 15 céntimos por viaxe. Desde Mobilidade aclaran que o prezo de 1,50 euros por viaxe será o que custe o pago en efectivo cando se instalen as máquinas canceladoras e se poña en marcha a tarxeta de transporte metropolitano. Mentres, é obriga da emprega cobrar a todos 1,35 euros, prezo que rexerá logo do periodo de adaptación só  para tarxeta.


O Concello mantén os abonos


O Concello anunciou que seguirá mantendo as bonificacións ata que entre en marcha o metropolitano: 0,60 o viaxe para estudantes (taco de bonos a 6 euros); 0,70 para pensionistas (taco a 7) e 0,90 para o viaxeiro xeral.A empresa, que devolverá o diñeiro cobrado indebidamente, informou de que porá un cuarto autobús na ruta Valenzá-Lagoas. 

Te puede interesar