Baltar apoia os proxectos transfronterizos da patronal galega

A Deputación de Ourense compromete o seu apoio para potenciar os proxectos transfronteirizos entre España e Portugal porque eso contribuirá a mellorar a economía das catro provincias galegas.
Así o manifestaron onte o presidente da institución ourensá, Manuel Baltar, e os responsabeis das confederacións de empresarios de Ourense e Pontevedra, José Manuel Pérez Canal e José Manuel Fernández Alvariño, respectivamente, na reunión que mantiveron no Pazo Provincial de Ourense para analizar a importancia que ten 'o desenvolvemento de proxectos transfronteirizos na Eurorrexión, algo que fai permeable a nosa economía e a de Portugal, permitindo que ámbalas dúas gañen en competitividade e intercambio de oportunidades de negocio', afirmou despois o presidente provincial.

Os tres dirixentes concordaron en que 'a máis proxectos comúns entre España e Portugal, máis dinamismo económico e máis postos de traballo', e destacaron que o feito de que Ourense sexa 'a centralidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal' facilita o desenvolvemento de proxectos estratéxicos, entre os que Manuel Baltar citou o da Eurocidade Verín-Chaves e outras iniciativas que a Deputación de Ourense, como administración pública, ven desenvolvendo con socios portugueses e doutros países de Europa nos ámbitos do turismo, a economía ou a cultura.

Cos avances que a Deputación de Ourense está a acadar coa cooperación intermunicipal, temos que seguir afondando na cooperación entre administracións de España e Portugal no noso ámbito de actuación'.

Te puede interesar