empresa - ourense

Baltar destaca o papel de Aceites Abril en Ourense

<p></p>
photo_camera Baltar atende as explicacións de Pérez Canal durante o percorrido.

Califica a compañía como "modelo de emprendemento e progreso"

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, puxo como exemplo de "calidade e innovación ourensá"á empresa agroalimentaria Aceites Abril, na visita que realizou onte as súas instalacións, situadas no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, para coñecer o proceso de produción e distribución dos diferentes aceites que a firma comercializa en máis de trinta países do mundo, acompañado polo conselleiro delegado da compañía, José Manuel Pérez Canal e directivos e técnicos da empresa.

"Aceites Abril é un modelo de emprendemento e progreso empresarial que lidera desde Ourense un ámbito do mercado agroalimentario como o dos aceites", destacou Manuel Baltar. "Un sector en constante evolución e onde a seguridade alimentaria e a protección do medio ambiente fan que sexa un reto aínda máis difícil acadar altas cotas de éxito nacional e internacional como o que Aceites Abril demostrou ao longo da súa traxectoria e sigue facendo hoxe en día", engadiu o presidente do goberno municipal.

Manuel Baltar tamén destacou que esta firma, que conta con máis de 50 anos de historia "caracterízase polo seu respecto e protección ao medio ambiente, a constante innovación e a procura en todas as súas liñas de produción, envasado, embalaxe, loxística e xestión, por unha constante evolución e innovación tecnolóxica". 

Te puede interesar