CULTURA

Baltar: "Florencio de Arboiro mantén viva a identidade ourensá"

O presidente provincial confirma que a "Casa de Rodas" do escultor será o "berce" do futuro Museo da Roda de Afiar no 2017. 

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, visitou esta mañá a coñecida como "Casa de Rodas" do escultor Florencio de Arboiro en San Xoán de Ríos, e que será o futuro "Museo da Roda de Afiar" previsto pola Deputación para o vindeiro ano. 

Durante o percorrido por unha das máis amplas exposicións de rodas de afiar e oficios tradicionais de Galicia, Baltar salientou a figura de Arboiro como unha persoa que "mantén vida a identidade ourensá". O historiador, Jesús de Juana, recoñeceu "o traballo de investigación e recuperación de toda esta achega etnográfica". 

Te puede interesar