Día das Letras Galegas

Baltar reivindica a Carvalho Calero “polo seu compromiso galeguista”

Manuel Baltar, na celebración da derradeira edición da Festa da Palabra.
photo_camera Manuel Baltar, na celebración da derradeira edición da Festa da Palabra.
Destacou ao escritor como “un faro no que ben paga a pena fixarse”

O presidente do goberno provincial reivindicou a Carvalho Calero, a súa faceta como narrador, poeta e dramaturgo, e tamén o seu labor no ámbito da historia literaria galega, campo no que se lle considera fundador da historia da literatura galega contemporánea. "Achegarmos a Carvalho Calero é un exercicio vital para o noso espírito de intelectualidade, e tamén para evitar que esta crise, que tan fondamente golpea á nosa sociedade, contaxie á nosa cultura", remarcou Manuel Baltar, sinalando: "Son tempos de incertezas pero tamén de oportunidades, e a cultura galega, que navegou sempre en mares nada doados, ten en Carvalho Calero un faro no que ben paga a pena fixarse".

O presidente da Deputación de Ourense destacou que Carvalho -quen foi o primeiro profesor e catedrático de Lingüística e Literatura Galega- "fixo da defensa do noso idioma o eixo principal do seu labor docente e intelectual".

"A ben seguro, Don Ricardo, de quen se cumpren 30 anos do seu pasamento, estaría ledo de admirar como homenaxeamos á nosa cultura na maior festa etnográfica de Galicia, que volverá con toda a súa forza no vindeiro ano", afirmou Baltar, aludindo a Raigame, que asegurou que "simboliza todo o que este loitador do noso fixo pola cultura galega, sendo unha das figuras máis relevantes da nosa terra no século XX".

Te puede interesar