Baltar visita a rodaxe da película "Live is life" en San Pedro de Rocas

Dani de la Torre, Manuel Baltar, Miguel Anxo Fernández e Aurelio Gómez Villar
photo_camera Dani de la Torre, Manuel Baltar, Miguel Anxo Fernández e Aurelio Gómez Villar.
O film de Dani de la Torre está a rodar en diferentes puntos da provincia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe no mosteiro de San Pedro de Rocas a rodaxe da película Live is life, de Dani de la Torre, o director monfortino que recibirá o “Premio Ourense” na 25ª edición do Festival de Cine de Ourense (OUFF) como recoñecemento a súa labor no cinema. Este novo filme, que conta con guion de Albert Espinosa, estase a rodar en diferentes puntos da provincia de Ourense, e afonda na iniciativa promovida polo presidente da Deputación “de seguir potenciando Ourense como gran plató de cine”. 

Baltar, quen na súa visita á rodaxe estivo acompañado polo propio Dani de la Torre e polos directores artístico e cultural do OUFF, Miguel Anxo Fernández e Aurelio Gómez Villar, respectivamente, dixo que Live is life “será o gran éxito do cinema español de 2021, tendo como escenario perfecto para a historia o mosteiro de Rocas, o enclave máis visitado da Ribeira Sacra, que será declarada Patrimonio Mundial pola Unesco, unha iniciativa que impulsou e promove a Deputación de Ourense”, afirma Manuel Baltar. 

O presidente provincial destaca que “só o feito de que a vaia distribuír a Warner Bros da unha idea da dimensión deste proxecto, que reúne todos os requisitos para ser moi atractivo para o público, sendo un deles os escenarios naturais da nosa provincia, e neste caso un lugar máxico como o mosteiro de San Pedro de Rocas”. 

Baltar salientou que “estamos a piques de inaugurar a 25ª edición do OUFF, que organiza a Deputación, o que supón unha das cuestións máis importantes que temos dentro desa cultura con maiúsculas que defendemos, para situar a Ourense como plató de producións audiovisuais”

Te puede interesar