A Banda Municipal nega calquera vinculación co agresor de Jácome

1
photo_camera El agresor de Jácome, tras ser detenido por agentes policiales. (Foto cedida por Jolper Música)

O edil de DO, que presentara unha hora antes unha proposición para retirar a subvención pública de 400.000 euros que recibe a formación, sinalou tras os feitos que o detido "era un percusionista da banda municipal"

Javier Gómez, presidente da Banda Municipal de Ourense, remitiu un comunicado apuntando que "a persoa detida como presunto autor dunha agresión ao sr. Gonzalo Pérez Jácome, non ten ningunha vinculación con nós". Esta notificación prodúcese despois de que Jácome dixera que o agresor era "un percusionista da banda municipal".

Xa a propia edil de Cultura, Ana Garrido, explicara que o agresor non forma parte da banda, sinalando que estaba pendente de confirmar se o agresor era colaborador esporádico nalgún dos concertos da agrupación.

A agresión se produxera unha hora despois de que DO presentase a debate unha propuesta para que a banda municipal deixase de recibir a subvención de 400.000 euros anuais de fondos públicos municipais.

Te puede interesar