ÁREA METROPOLITANA

Barbadás acolle a fin de semana un Open de Scalextric

20190425201712937_result
photo_camera Luis Antonio Cruz, Adrián Varela e José Luis Rosales, na presentación do I Open de Scalextric.

Un total de 78 participantes de toda España competirán no circuíto creado en Finca Fierro

Barbadás acollerá esta fin de semana o seu  1º Open de Scalextric, que será puntuable para o IV Campionato de España desta especialidade, e que organiza a asociación Mangallo Slot. Afeccionados de todo o país se reunirá no circuíto ubicado en Finca Fierro. Este Open consta de oito probas por toda España, e este 27 e 28 de abril, Barbadás servirá de punto de partida da proba, que rematará dentro de oito meses. 

"A  iniciativa de organizar este evento aquí xurdiu da alta participación que teñen afeccionados do clube de Barbadás en competicións a nivel estatal", explicou José Luis Rosales, tesoureiro da asociación. Serán 78 os participantes que percorrerán a pista creada en Finca Fierro por Mangallo Slot. 

A xornada do sábado iniciarase coas verificacións dos vehículos, co mesmo procedemento que se emprega nun rali. Posteriormente, realizarán tres pasadas: pola mañá os protagonistas serán os condutores locais e pola tarde os chegados desde o resto de España. Na xornada dominicial, os participantes farán outras dúas pasadas pola mañá e, ás 15,00 horas, desenvolverase a entrega de premios. 

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, destacou o labor de Mangallo Slot, que organiza o Open benéfico "Pel de Mariposa". Ademais, o edil sinalou que o Concello quere "amosar o apoio e colaboración á celebración de eventos que poñen a Barbadás no mapa deportivo provincial, galego e nacional".

Pola súa banda, Rosales, asegurou que están "abertos á incorporación de novos socios" e lembrou que as instalacións están abertas tres días durante a semana e as fin de semana.


Mellora de rúas no Fonsillón


O Concello de Barbadás comezou esta semana a mellora e conservación de viais públicos no Fonsillónn, que afectará a catro rúas: a dos Emigrantes (subida desde a glorieta de Carrefour), a da Campiña, o canellón da Aira e o tramo de acceso a este barrio desde a estrada de Celanova. 

Te puede interesar