Barbadás acorda aumentar o control do uso de máscaras

PP e DO reclaman no pleno a dimisión do portavoz do PSOE na provincia, Rafael Villarino, así como do subdelegado

O parque dos Patos e o parque infantil do tren de Barbadás recibirán unha reforma. Así o  acordou onte o pleno municipal, no que se aprobou o convenio entre o Concello e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) para estas dúas obras, que ascenden a 110.000 euros de custe, dos cales a CHMS aporta foi aprobado por unanimidade, malia que desde o grupo de gobierno  acusaron o PP de "politizar electoralmente" o debate. 

Outro dos puntos que saíu adianet no pleno foi a moción na que DO pedía maior control sobre o uso de máscaras e o aforo nos locais, que contou coa única abstención do PP. Así, acordouse que a Policía Local controle o uso de máscaras tanto nas rúas como nos locais, e que control o aforo de espazos públicos e negocios". 

Os populares, pola súa banda,  levaron ao pleno unha moción para solicitar ao Goberno central a "liberación da totalidade do superávit dos concellos para a loita contra os efectos da covid-19", petición que levarán a todos os municipios e que contou co respaldo de Ramón Padrón, de Compromiso por Barbadás, e Fina Varelas, de DO. O PSOE e o BNG situáronse en contra e provocou o rexeitamento da mesma.

O pleno tamén debateu a esixencia do PP da dimisión do portavoz provincial socialista, Rafael Villarino, e o subdelegado do Goberno, que levarán a todos os concellos da provincia. DO sustentou  a proposta, que contou coa abstención de CxB e o voto en contra de PSOE e BNG. 

Pola súa banda, saíu adiante por unanimidade a petición de Ramón Padrón (CxB) de convocar unha xunta de voceiros no mes de xullo con presenza do técnico municipal, "onde se dea conta do estado e da propia execución das obras realizadas e se dea resposta ás cuestións". 

 Tamén se debateu a petición do BNG de derrogar a Lei Montoro e outra sobre cambios no rueiro municipal. 

Te puede interesar