Barbadás apoia a sete emprendedores locais

Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás.
photo_camera Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás.

Esta convocatoria axudou a levar adiante proxectos de comercios, hostelería e mesmo apicultura

O Concello de Barbadás, a través das súas axudas para fomentar o emprendemento no municipio, apoiou a sete empresarios locais que arrancaron o seu proxecto en 2022. Estas iniciativas abranguen diversos sectores como o comercio ou a hostalaría, pero tamén outros menos habituais como a apicultura. Esta subvención, que ten unha contía máxima de 2.000 euros e que se xestionan dende o Centro Empresarial Transfronteirizo, permite aos emprendedores sufragar a creación do propio posto de traballo, así como parte dos gastos iniciais da posta en marcha.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que “o Concello de Barbadás valora a iniciativa e esforzo dos novos empresarios, apoiándoos na posta en marcha dos seus negocios a través dun programa de axudas para a creación de empresas no ámbito municipal”.

Esta convocatoria súmase a outras iniciativas municipais, como o viveiro de empresas ou a formación especializada para este colectivo, “que reflicten o compromiso público para minimizar as posibles barreiras que xorden cando se inicia un camiño empresarial, poñendo a seu dispor todos os medios e recursos do Concello”, sinalou o rexedor.

Te puede interesar