Barbadás axuda á inclusión das mulleres en risco

Elisabet Gómez Nistal, María Armada e Laura Seara.
photo_camera Elisabet Gómez Nistal, María Armada e Laura Seara.
O “Programa Rosalía” impulsa sete obradoiros para “mellorar a inserción laboral e o seu día a día”

O Concello de Barbadás presentou onte o “Programa Rosalía”, unha iniciativa da Concellería de Igualdade dirixida a mulleres en situación de vulnerabilidade que aboradará en sete obradoiros temas fundamentais para o desenvolvemento das participantes como son o acceso ao emprego, emprendemento, inserción ocupacional, traballo non remunerado, mulleres na historia, autoestima e benestar ou violencia de xénero, integrando todas estas temáticas dentro dun marco de competencias dixitais. As clases estarán impartidas por referentes dentro do sector como profesoras da UVigo.

O programa foi presentado nas instalacións municipais do parque da Solaina por María Armada, técnica de Igualdade do CIM de Barbadás, Elisabet Gómez Nistal, concelleira de Igualdade, e Laura Seara, responsable da Consultora Red Talento.

Gómez Nistal destacou que os obxectivos son “mellorar a inserción laboral, a creatividade, a participación e a mellora profesional das mulleres, ademais de incrementar a autoestima e ofrecer asesoramento personalizado”. O programa ten unha duración de dous meses. Pola súa banda, Seara incidiu en que as crises coma a que se vive hoxe en día “afectan de maneira máis violenta ás mulleres”. “As mulleres que participen neste programa sairán con capacidade de afrontar o mercado laboral, calquer proceso de selección”, explicou.

Será o CIM de Barbadás o encargado de coordinar aos profesionais do programa e apoiar ás participantes durante os dous meses de talleres e tamén de rexistrar as inscripcións.

Te puede interesar