Barbadás escolle os tres gañadores dos escaparates de Nadal

Cada premiado recibiu un diploma acreditativo, así como un cheque por importe de 200 euros

Os gañadores do concurso de escaparates de Nadal de Barbadás foron Artelandia (premio do xurado Profesional), Zafiro Tours (premio do xurado popular) e Oren Express (premio especial de hostalería). Cada premiado recibiu un diploma acreditativo, así como un cheque por importe de 200 euros. 

En total, 27 establecementos participaron no concurso de escaparates do Concello de Barbadás, cuxo obxectivo era crear un maior ambiente de Nadal. 
A concelleira de Comercio,, Marga Pérez, sinalou que "a pesar de existir total liberdade en canto a técnica e estilo valoráronse a creatividade, a orixinalidade, a combinación de elementos e cores, a iluminación e a composición".

Ademais, amosouse "satisfeita porque a participación vai aumentando cada ano e polo esforzo dos diferentes establecementos na elaboración dos escaparates". Pérez destacou que os participantes "axudaron a crear un maior ambiente navideño que repercute de xeito positivo no concello e no comercio local".

Moita calidade

Por último,  membros do xurado profesional detacaron nesta edición "a dificultade na toma da decisión pola existencia de moitos escaparates con gran traballo de elaboración e con composición moi atractiva". 

Te puede interesar