día das letras

Barbadás inicia mañá o programa de actividades das Letras Galegas

Haberá actos para os escolares dos colexios públicos Filomena Dato e O Ruxidoiro,  e actos para público en xeral, con grandes artistas que amosarán traballos sobre a figura da homenaxeada nestas Letras Galegas 2018, María Victoria Moreno

O Concello de Barbadás dará o inicio mañá ao intenso programa de actividades para festexar o Día das Letras Galegas. Haberá actos para os escolares dos colexios públicos Filomena Dato e O Ruxidoiro,  e actos para público en xeral, con grandes artistas que amosarán traballos sobre a figura da homenaxeada nestas Letras Galegas 2018, María Victoria Moreno. 

Mañá venres, ás 12,00 horas, darase o pistoletazo de saída, co espectáculo "Pitusa Semifusa", na Biblioteca Municipal Olga Brañas, destinada aos alumnos do CEIP O Ruxidoiro. Xa pola tarde, ás 20,00 horas, o Auditorio acollará a Xardín Desordenado, co espectáculo "Victoria da Luz". 

O vindeiro luns será a quenda dos alumnos do CEIP Filomena Dato, que terá unha sesión de contos de María Victoria Moreno.

As actividades continuarán o luns e martes da vindeira semana, e estenderanse ata o 25 de maio, cando Yolanda Castaño e Isaac Garabatos desenvolverán un espectáculo de poesía  e música. O día 16 de maio, previo das Letras, haberá dous espectáculos no Auditorio, un pola mañá e outro pola tarde. 

Te puede interesar