Lectura

Barbadás invita a escolares a crear no Día da Biblioteca

o xoves celébrase o día a nivel nacional e para iso, a biblioteca municipal realizará unha actividade sobre o uso do dicionario

Barbadás festexará ao grande o Día das Bibliotecas, que se celebra este vindeiro xoves, nunha sesión na que participarán os alumnos de terceiro de Primaria do colexio Filomena Dato, e na que Sabela Gago dinamizará a mañá. Como actividade, os alumnos crearán un "dicionario disparatado" de palabras inventadas a partir do vocablo "biblioteca". 

Os obxectivos da actividade organizada pola Biblioteca Municipal de Barbadás é a utilización dos dicionarios no espazo e fomentar a escrita creativa, e fomentar o traballo en equipo coa realización dun libro en grupo e recoñecer o valor dos dicionarios dentro dunha biblioteca. 

 A actividade consistirá en inventar unha palabra nova combinando as consoantes e vocais de dita palabra, buscaráselle un significado imaxinario consultando os dicionarios e intentando imitar a linguaxe que empregan.

Ademais, ata o 31 de outubro, a Biblioteca Municipal celebra conxuntamente coa Biblioteca Nacional de España o "Día das escritoras" cunha exposición titulada "Idioma de muller". 

Te puede interesar