Área metropolitana

Barbadás e Taboadela asinan o convenio para a xestión do CIM

 A xestión do servizo será realizada polo Concello de Barbadás e incluirá todo o relacionado coa xestión do centro, aspectos materiais e técnicos ou de servizo

Os alcaldes de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e Taboadela, Álvaro Vila, asinaron onte un convenio de colaboración para os servizos do Centro de Información á Muller co que se comprometen a desenvolver actuacións de cooperación e asistencia activa ás mulleres. A colaboración está vinculada ás subvencións ás entidades locais da Xunta para a promoción da igualdade de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

O convenio fixa as liñas de colaboración, así como a coordinación, dirección, xestión, financiamento, organización e funcionamento do servizo do CIM. A xestión do servizo será realizada polo Concello de Barbadás e incluirá todo o relacionado coa xestión do centro, aspectos materiais e técnicos ou de servizo. 

Te puede interesar