CULTURA

A Semana Escolar das Letras Galegas reúne a 8.800 alumnos

A quinta edición da Semana Escolar das Letras Galegas, promovida pola Deputación provincial, xirará en torno a figura de Xosé Ramón Fernández Oxea, Ben-Cho-Shey

A quinta edición da Semana Escolar das Letras Galegas, promovida pola Deputación provincial, xirará en torno a figura de Xosé Ramón Fernández Oxea, Ben-Cho-Shey. Ten previsto contar coa participación de máis de 8.800 alumnos de 66 centros da provincia.

A presentación tivo lugar no Pazo Provincial, coa participación do deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o escritor e editor Xosé Perozo, e a escritora Mercedes Pacheco, autora do manual "Ben-Cho-Shey e a súa xeración", obra escrita e ilustrada para esta ocasión.

Manuel Doval destacou a Ben-Cho-Shey como"un intelectual e mestre defensor da nosa lingua e todo o que elo leva consigo de difusión da cultura do país", e salientou que a Deputación de Ourense "apoia a cultura e a educación como pedras angulares para a identidade e o progreso da sociedade"

Para a realización das actividades elaborouse un programa con propostas de traballo e editouse unha guía do profesorado, con pautas para utilizar a antoloxía escrita por Mercedes Pacheco.

O 16 de maio, día de remate da Semana das Letras Galegas, os alumnos participantes levarán a cabo nos seus centros educativos actos literarios ao redor da figura de Ben-Cho-Shey e dos intelectuais da súa xeración.

Te puede interesar