SEGURIDADE VIAL

As bicis tamén son para a cidade

<p></p>
photo_camera Membros do pelotón saen da praza Maior, onde se citaron os participantes.

O Concello organizou unha xornada para circular en bicicleta pola cidade e reivindicar o seu uso. A mañá serviu para comprobar coma as rotondas son, en dúas rodas, un desafío. Igual que para algúns conductores. 

Dous días despois de que o goberno municipal aprobase a adxudicación do servizo de préstamo de bicicletas, que leva máis dun ano suspendido, un grupo de ciclistas fíxose oco entre os coches que circulaban este sábado pola cidade. A actividade de onte formou parte das tarefas finais para a elaboración dun informe que pretende cambiar a forma de moverse polo núcleo urbán, un proxecto da consultora Urbamas, encargado polo Concello. O técnico Antonio Piñeiro levou aos ciclistas polas rúas de Ourense, "tendo especial coidado cos peóns cando circulemos polo seu espazo, como é a zona vella".

A ruta partiu da Praza Maior cara a rúa do Paseo, pasadas as once da mañá, tras unhas indicacións das medidas que deben tomarse no transporte urbán en bicicleta. Logo comezaría o percorrido por Curros Enríquez, para chegar a un dos grandes retos que tiña por diante o pelotón: a primeira rotonda. "Todos xuntos!", advertiu un dos máis veteranos, porque a norma dicta que o conxunto de ciclistas é como un só vehículo, polo que os coches deben esperar a que a agrupación saia da glorieta.

A ruta seguiu por Sáenz Díez ata Salesianos. Aquí Piñeiro explicou como se debe atar unha bici, con dous tipos de cadeados diferentes. Tras esta breve parada, por mor da choiva, o grupo seguiu por Progreso ata o final do traxecto, no punto de partida, onde os participantes compartiron as experiencias vividas como ciclistas polas céntricas rúas da cidade.n

Te puede interesar