Coronavirus en Ourense

O BNG advirte do perigo de contaxio en bus e tren

OURENSE (PARQUE DE SAN LÁZARO). 04/05/2020. OURENSE. La obligatoriedad de llevar máscara para usar el transporte público es una de las nuevas medidas del gobierno para luchar contra el coronavirus. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Usuarios de autobús acceden a su interior con mascarilla. (FOTO: ÓSCAR PINAL)
Os nacionalistas critican que a situación actual dos asentos convértese nun foco de transmisión do virus ante a imposibilidade de manter a distancia interpersoal

O grupo parlamentario do BNG vén de criticar que "na cidade de As Burgas, a situación dos asentos na práctica totalidade dos vehículos destinados ao transporte de viaxeiros non permite aos usuarios manter unha distancia interpersoal de canto menos un metro e medio". Lembran ademais desde o grupo nacionalista que "non son poucos os expertos que alertan da propagación do virus por esta vía". Todo nun momento, engaden, "no que o elevado número de contaxios levou á adopción de estritas medidas de prevención".

Iago Tabarés, deputado do BNG por Ourense sinala, no que respecta ao transporte ferroviario, que se están "a obviar as medidas preventivas que se esixen noutros ámbitos, converténdose nun eventual foco de transmisión do virus".

Por tanto, o Bloque anuncia que preguntarán á Xunta "se consideran que de aumentarse as frecuencias ou o número de prazas nos vehículos de transporte colectivo de persoas se reducirían as posibilidades de contaxio da covid", e tamén "se existe algunha razón ou criterio médico polo que as posibilidades de transmisión do virus en vehículos de transporte colectivo sexa inferior ás doutros espazos pechados e non ventilados por sistemas naturais". 

Pediranlle ao goberno galego que realice "as xestións que procedan" para o incremento das frecuencias e prazas no transporte colectivo, tanto en percorridos urbanos como interurbanos que circulen polo Concello de Ourense. 

Te puede interesar