O BNG arranca a súa campaña en apoio ao comercio local

Baixo o lema "Mellor local, mellor galego", a campaña fomenta mercar produtos galegos no comercio local

"Mellor local, mellor galego" é o lema co que o BNG arrincou a súa campaña de apoio ao comercio local e aos produtos galegos e de proximidade. O concelleiro Luis Seara, a deputada María G. Albert e o deputado provincial Bernardo Varela deron conta onte en rolda de prensa dos motivos que impulsan ao grupo a levar adiante esta iniciativa, ao tempo que piden a implicación da veciñanza. 

O primeiro en expor os motivos da campaña foi o concelleiro Luis Seara, quen comezou afirmando que "a situación do comercio en Ourense é alarmante, máis por desgraza esta non é unha situación nova, xa que o que fai a pandemia é acelerar o proceso de degradación dun sector moi importante para a economía de Ourense."

Seara trasladou o dato de que en 2018 pecharon na provincia 170 establecementos de pequeno comercio, e dicir, "un cada dous días, polo que, seguindo a tendencia, en 10 anos perderase o 20 %". 

O concelleiro tamén fixo fincapé na importancia que ten o pequeno comercio no concello. Con respecto a isto, o portavoz do BNG no concello amosouse satisfeito de que no pasado pleno a práctica totalidade da corporación, a excepción de DO, aprobasen a iniciativa nacionalista a prol de crear unha mesa para a recuperación económica e social de Ourense na que estén presentes todos os sectores da sociedade implicados. 

Te puede interesar