CAMINO AL 12-J

O BNG comprométese a “pór en valor" o patrimonio

photo_camera Acción simbólica do BNG, onte na Torre de Sande.

O BNG comprometeuse a pór en valor o patrimonio histórico ourensán a partir do 12 de xullo coa "consolidación" das fortalezas e torres das comarcas da Limia e Celanova, ante o "abandono" do PP. Os nacionalistas fixeron onte una acción simbólica na Torre de Sande para esixir á Xunta que a inclúa no Plan de Rehabilitación xunto ás torres de Porqueira e Sandiás, logo de ser incluída en lista vermella por risco de derrubamento.

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, comprometeuse a que o patrimonio sexa unha prioridade na súa  acción de goberno, logo de acusar ao PP de "negarse reiteradamente" á rehabilitación das torres de Ourense e "lanzar en precampaña electoral o anuncio excluíndo a Torre de Sande".

"Parécennos necesarias as rehabilitacións das torres de Porqueira e Sandiás, pero entendemos que é un plan incompleto. A necesidade está en poñer en valor todas as torres defensivas do patrimonio cultural ourensán", sinalou Presas, que se compromete a traballar e priorizar a xestión e rehabilitación con criterios obxectivos e de equidade".

Te puede interesar