Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentou onte en Xunqueira de Ambía á candidata do seu partido á alcaldía, Sonia Vidal. “Será a próxima alcaldesa porque ten capacidade, liderado e equipo cun proxecto para darlle a Xunqueira un futuro de ilusión e de esperanza”, salientou, animando a “abrir un tempo novo” no citado municipio.
Pontón fixo unha similitude cos outros concellos nos que goberna o BNG en Ourense, máis en concreto con Allariz: “O BNG quere facer de Xunqueira de Ambía un novo Allariz, o que significa unha vila con todos os servizos públicos, con benestar social, que pon ás persoas no centro; que coida o medio ambiente, que rehabilita e pon en valor o patrimonio histórico-artístico extraordinario deste municipio”.
Sobre o proxecto de futuro para Xunqueira de Ambía, Pontón mencionou que o BNG “traballará por un concello conectado co mundo coa tecnoloxía actual, promovendo espazos públicos ordenados e humanizados; nos que a veciñanza poida encontrarse e socializar; por unha vila limpa e ordenada, no que os nenos e as nenas poidan xogar”.
Pontón tamén visitou Baños de Molgas, onde mantivo un encontro co actual rexedor e candito á alcaldía do BNG, Xaime Iglesias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Ratificados los 13 años por violar y “cosificar” a su expareja en Ourense: "Te voy a follar cuando quiera"