O BNG critica a destrución dun muro no Arqueolóxico

O grupo nacionalista rexistrou  unha serie de preguntas para ser respostadas polo goberno galego

O grupo parlamentario do BNG critica un "novo atentado" contra o patrimonio ourensán "ante a pasividade da Xunta". Os nacionalistas citan a "destrución" dun muro nas obras do Museo Arqueolóxico. "Destruíuse por mor da inopinada limpeza do muro un Taboeiro de Muíño labrado en tempo inmemorial nunha das pedras do edificio", citan desde o BNG.

Os nacionalistas explican que este elemento "figuraba nunha das pedras do edificio do Museo Arqueolóxico e consiste nun xogo tradicional do noso patrimonio lúdico". A formación pregúntase "porqué os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta non supervisaron as obras para protexer este elemento histórico e presente na pedra desde o mesmo momento da súa instalación, ou se efectivamente estaban ao tanto, o motivo polo cal permitiron que se executase tal atentado".

O grupo nacionalista rexistrou  unha serie de preguntas para ser respostadas polo goberno galego. Queren saber se autorizou ofavorablemente a Xunta as obras. 

Te puede interesar