O BNG critica as obras en Ribeira de Canedo, no barrio da Ponte

As obras en Ribeira de Canedo, no barrio da Ponte
photo_camera As obras en Ribeira de Canedo, no barrio da Ponte
O BNG cuestiona as obras executadas na rúa Ribeira de Canedo, no barrio da Ponte

O BNG cuestiona a intervención da rúa Ribeira de Canedo, no barrio da Ponte, xa que lonxe de arranxar os problemas que tradicionalmente tiña esta rúa e que eran motivo de queixas veciñais, “estes acrecentáronse tralas obras de mellora do firme”. O principal problema, aseguran desde a formación nacionalista, ten que ver co feito de que a rede de sumidoiros permanece instalada ao carón da beirarrúa da marxe esquerda cara a Ponte Vella. 

“Cando chove, toda esa marxe ao carón dos bordos da beirarrúa estea anegada de auga”, salientan. Este feito provoca que co paso dos vehículos, as persoas que transitan por esa marxe, así como os portais situados nese lado da rúa, sufran continuas salpicaduras, “facendo intransitable o paso”. Desde o BNG critican que as obras non tiveran en consideración esta problemática xa coñecida, pois así o ten manifestado a veciñanza. 

Te puede interesar