O BNG denuncia que a brigada de mantemento dos parques infantís leva un mes sen vehículo

Esta situación constrasta, a ollos do BNG, coa "axilidade coa que o actual rexedor adquiriu no seu día un vehículo adscrito a Servizo Xerais e que emprega habitualmente tanto él como os seu asesores fóra incluso do horario laboral"

O Grupo Municipal do BNG en Ourense denuncia que a brigada da Concellería de Medio Ambiente encargada do mantemento e supervisión dos parques infantín espallados ao longo de todo o termo municipal e que actualmente está formada por dúas persoas, leva máis dun mes sin un vehículo que lles permita realizar os desprazamentos ás diferentes zonas do concello e mesmo poder trasladar a maquinaria necesaria para levar a cabo ditas tarefas de mantemento.

Segundo denuncian os nacionalistas, hai algo máis dun mes que a furgoneta empregada por esta brigada sufría unha avaría e entraba no taller para a súa reparación. Desde entón, o actual Goberno Local non aportou un vehículo alternativo "polo que dita brigada non pode realizar o seu traballo ao ter dificultades para trasladar a maquinaria necesaria".

Esta situación constrasta, a ollos do BNG, coa "axilidade coa que o actual rexedor adquiriu no seu día un vehículo adscrito a Servizo Xerais e que emprega habitualmente tanto él como os seu asesores fóra incluso do horario laboral, cando ademáis ao inicio do mandato, o propio Jácome afirmou que non precisaba coche oficial e que se movería empregando o transporte público".

Te puede interesar