Área metropolitana

O BNG esixe o arranxo do depósito de Trasalba

O BNG de Amoeiro lamentou onte que o depósito de auga de Trasalba desperdiciase “inxentes cantidades durante moitas horas” desde o día 7 ao día 8 de abril, “rebordando auga cara os camiños colindantes, o que afonda tamén no seu deterioro”. 

Os nacionalistas resaltan que o caudal de bombeo é duns 30.000 litros/hora, polo que o gasto, tanto de electricidade, polo funcionamento indebido do sistema de bombeo, así como o derroche de auga do río Miño que chega polo sistema de bombeo reseñado, parécelles “ absolutamente fóra de lugar”. 

O portavoz do BNG, Eduardo González, lamenta que a situación se repita “con moita frecuencia” e pide ao Concello de Amoeiro que adopte solucións de “o máis axiña posible” esta continxencia para evitar “dilapidar” diñeiro público, xa que “o sistema de bombeo funciona continuamente”.  

Te puede interesar