O BNG esixe que o novo PXOM saia a exposición pública

O goberno municipal anunciou a través dos perfís das redes de DOque esta semana se ultimarán os detalles do PXOM,  abrindo a porta a permitir as construción de dúas torres na beira do Miño. 

O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense volveu pedir unha nova exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que ultiman DO e PP, logo de lembrar que onde antes a formación do alcalde Gonzalo Pérez Jácome vía "pelotazos", agora ve "oportunidades". 

A formación nacionalista destacou que o PP introducira modificacións substanciais no plan de urbanismo, o que obriga a facer unha nova exposición para a veciñanza, ao ser un elemento de "gran transcendencia" para a cidade. Asemade, o BNG acusa a Jácome de antepoñer os seus "caprichos" como o rañaceos, por riba dos "intereses dos cidadáns". 

O goberno municipal anunciou a través dos perfís das redes de DOque esta semana se ultimarán os detalles do PXOM,  abrindo a porta a permitir as construción de dúas torres na beira do Miño. 

O voceiro do BNG, Luis Seara, alertou desde que se confirmara o pacto DO-PP de que o obxectivo era levar a cabo "pelotazos urbanísticos configurados polo PP na anterior lexislatura".  Seara resalta que o PXOM "foi e segue sendo a gran obsesión do PP", lembrando que a "relación deste partido cos  especuladores "e aludindo á anulación do plan da época de Manuel Cabezas por un "cambiazo". 

Neste senso, o BNG lembra que DO recorrera ante a Xustiza a aprobación inicial en xunta de goberno do PXOM. Logo, deu marcha atrás, o que exemplifica que o alcalde "onde antes vía pelotazos agora ve oportunidades", xa que DO foi o "ariete ao servizo de determinados especuladores para derrubar o anterior goberno bipartito mentindo e denunciando".

AS “mENTIRAS" DE JÁCOME

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome,  deixou entrever que o goberno PSOE-BNG é o responsable das torres previstas na Chavasqueira, algo que é "mentira" e amosa a "indecencia" do rexedor, di Seara: "As torres estaban incluídas por culpa do PP de Cabezas". Por último, o BNG tilda de "disparate" a "teima" do alcalde co rañaceos, que "non ten encaixe", pero que é un "capricho" que o rexedor ve como "obra faraónica".

Te puede interesar