O BNG de Ourense esixe redes de saneamento para todos

Luis Seara (XESÚS FARIÑAS).
photo_camera Luis Seara (XESÚS FARIÑAS).

O BNG considera "difícil de entender" como no ano 2023, dentro do termo municipal de Ourense, aínda hai zonas que no contan co saneamento

O BNG pide ao Concello de Ourense que priorice a redacción e execución dos proxectos necesarios para dotar de redes de saneamento e abastecemento a todos os núcleos poboacionais que a día de hoxe carecen delas e que os mesmos sexan inseridos nos pregos de contratación da nova concesionaria do servizo de saneamento e abastecemento de auga potable.  

Os nacionalistas solicitarán na sesión plenaria do mes de febreiro, que se celebra hoxe, esta cuestión logo de que o estudo de viabilidade económico-financeira da concesión administrativa do servizo da auga inclúa obras para adecuar, mellorar e actualizar as infraestruturas do servizo sen incluir a construción de novos elementos ou infraestruturas. 

O BNG considera “difícil de entender” como no ano 2023, dentro do termo municipal aínda hai zonas que non contan con conexión á rede de saneamento e abastecemento e que estas infraestruturas básicas “non teñan sido unha prioridade para o actual goberno local neste mandato”. 

Tal e como afirma o voceiro e candidato á alcaldía, Luis Seara, “o saneamento e tratamento das augas residuais debe ser unha prioridade para calquera goberno local que se atope durante o seu mandato con núcleos poboacionais dentro do municipio que carezan del”.

Te puede interesar