Política

O BNG fala de “oscurantismo" no novo transporte de Barbadás

Din que o goberno está " desentendéndose absolutamente", descargando na empresa a resposabilidade

O incremento de 10 céntimos no autobús que une Barbadás coa cidade provocou as queixas do BNG, que critica a "falta de información e oscurantismo" no só polo aumento do prezo, senón na "modificación de rutas e horarios e do sistema de bonobuses". 

Coa entrada do novo Plan de Transporte, cambiou a concesionaria do servizo en Barbadás e, segundo o BNG, fíxose "sen que os responsables de Mobilidade informasen á cidadanía en canto á nova empresa, novos prezos, rutas nin horarios.". 

O BNG de Barbadás xa levara ao pleno do pasado mes este tema –levarao de novo en xaneiro–, solicitando máis información sobre a nova concesión, que foi aprobada por unanimidade e "está sen cumprir ". 

Os nacionalistas fixéronse eco de "numerosas queixas" da veciñanza e lembran que cando eran eles os que levaban a área de mobilidade no anterior goberno "realizáronse 25 asembleas informativas en todas as parroquias para informar do Plan de Transporte, para recoller suxestións, que se presentaron como alegacións". 

Agora, sen embargo, din que o goberno está " desentendéndose absolutamente", descargando na empresa a resposabilidade. 

O goberno deféndese

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sinalaba que o proceso "fíxose moi rápido e colleu de sorpresa á empresa", e salientou que o Concello mediou para "ampliar a validez dos antigos bonobuses ata o 31 de xaneiro, nos que se mantén o prezo". Tamén lembrou que "hai compromiso de mellorar o servizo por parte da empresa". 

Te puede interesar