ELECCIONES MUNICIPALES

O BNG garante "futuro" e un "cambio real" na cidade

Ourense 21/5/19.M..tin BNG no Teatro principal.Ana Miranda.Fotos Marti..o Pinal
photo_camera Intervención de Ana Miranda no mitin do BNG no Principal.

Luis Seara, arropado por Ana Pontón, lembra que a súa formación foi "determinante nos temas de maior relevancia"

O BNG postúlase como a "garantía de futuro" para Ourense. No seu mitin central de campaña, celebrado no Teatro Principal, o candidato á Alcaldía, Luis Seara, estivo arropado por la portavoz nacional do partido, Ana Pontón, e a aspirante a repetir no Parlamento Europeo, Ana Miranda, os nacionalista destacaron o "traballo inmenso" realizado desde 2015, cando os malos resultados obtidos os deixaron fóra da Corporación.

"Concentrar o voto no BNG é garantía de futuro para Ourense, xa que temos sido determinantes nos debates de maior relevancia política e social que se teñen dado en Ourense nos últimos 30 anos", destacou Seara, que insistiu en que o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, "logrou poñer dacordo a toda a veciñanza, que ve ó peor goberno da historia, incapaz de aprobar un só orzamento e licitar concesións".

Como alternativa, Seara subliñou propostas que o seu partido quere levar adiante como un plan integral de creación de emprego e a reactivación do comercio local. "Impulsaremos un gran pacto neste senso e tamén faremos unha segunda exposición pública do PXOM", dixo en referencia á encrucillada urbanística.

Pola súa banda, Ana Pontón animou a apoiar masivamente ó BNG "para ter un cambio real e deixar atrás catro anos perdidos e de desgoberno", criticando tanto ó PP como á oposición,

"Temos un gran candidato, un gran equipo e un proxecto serio, solvente, unido e coa man tendida para transformar esta cidade en positivo, a favor das persoas. Pido concentrar todo o voto inconformista para abrir un novo rumbo", dixo a máxima responsable dos nacionalistas.

Allariz ou Pontevedra foron postos como exemplo de modelos de goberno impulsados polo BNG ó longo dos últimos anos.

Te puede interesar