ELECCIONES MUNICIPALES

BNG: un novo PXOM e recuperar o comercio

Unha segunda exposición pública do PXOM cun novo prazo de alegacións e una aposta a prol da transparecia é a prioridade principal do partido nacionalista, que a destaca como primeira medida. 

Un programa froito de dez meses de preparación, onde escoitar a diferentes sectores e veciños foi unha tarefa obrigada. Así xurdiron as medidas que leva o Bloque Nacionalista Galego de cara as eleccións deste domingo. O proxecto que encabeza Luis Seara presume de ser "realista e participativo" e ten no empleo, o comercio a as infraestructuras os seus principais eixos.

Outro dos frontes pasa pola reactivación dos servizos públicos e a humanización tanto do centro como das parroquias do rural, forman a súa estratexia a seguir. "Ourense é a cidade mais tamén as súas parroquias. "Afondaremos na humanización das parroquias do rural, dotándoas de servizos básicos de abastecemento e saneamento dos que carecen algunhas das mesmas", sinalou Seara.

Entre as prioridades, destacan as intervencións en infraestructuras. Os nacionalistas apostan por a creación dunha estación intermodal "digna" que integre os barrios da Ponte e o Vinteún.

A nivel ecolóxico, a proposta principal de Luis Seara se centra na conversión da finca Santa Mariña como pulmón verde. Dentro do programa do BNG, e foi unha constante ao longo da campaña electoral, está a recuperación do comercio local e a loita contra o desemprego. No seu programa tamén están recollidas axudas de medidas directas como plans para a dinamización das prazas de abastos: tanto a número 1 e a do barrio da Ponte.

A participación é outras das liñas fundamentais para o Bloque Nacionalista Galego coa aposta pola participación social, mecanismos que aseguren a transparencia e a negociación duns presupostos participativos.

Te puede interesar