O BNG pide unha comisión “post estado de alarma" en Barbadás

Algunhas propostas dos nacionalistas son o aumento das axudas por emerxencia social, a suspensión temporal na cobranza de impostos, o incremento do gasto social ou as campañas de apoio ao comercio local.

O BNG levará ao pleno do Concello de Barbadás que se celebra hoxe (primeiro desde a declaración do estado de alarma) unha moción onde solicita a constitución dunha comisión de ceguimento post-estado de alarma, con integrantes de todos os grupos políticos con representación, para estudar as iniciativas que deban levarse a cabo e as medidas levadas a durante este periodo para axudar a cidadanía, pequeño comercio e autónomos. 

Algunhas propostas dos nacionalistas son o aumento das axudas por emerxencia social, a suspensión temporal na cobranza de impostos, o incremento do gasto social ou as campañas de apoio ao comercio local.

O BNG lamentou que non se celebrase ningún pleno desde o pasado 13 de marzo, "sen posibilidade de participar na toma de decisións e sen poder levar a cabo a acción de control, axuda e propositiva ao goberno de Barbadás". 

Te puede interesar