O BNG pide explicacións pola desatención que sofren as embarazadas

Noa Presas, deputada autonómica, reclama máis matronas, unha mellor atención no embarazo e posparto virtual ou presencial

Coincidindo coa publicación das demandas de catro mulleres embarazadas pola falta de clases de educación maternal, o BNG levou ao Parlamento de Galicia esta situación de desatención que están a sufrir nos centros de saúde de Ourense. A deputada nacionalista pola provincia Noa Presas esta situación ocorre pola "falta de matronas, pero tamén pola desidia do Partido Popular, que ten a Atención Primaria clausurada cando hai servizos que non se poden suprimir". 

O grupo de mulleres que puxeron de manifesto a súa situación tamén se fan eco da falta de matroas e Presas recalca que esto xa foi denunciado por sindicatos e profesionais. "Hai unha ofensiva contra os dereitos das mulleres, das nais e da poboación infantil", resalta. A deputada nacionalista céntrase na desatención das embarazadas na cidade e na comarca de Ourense que "estan a ver vulnerados os seus dereitos a unha adecuada preparación e información para o desenvolvemento do parto e outros elementos do exercicio da maternidade". 

Presas considera que, oito meses despois do inicio da pandemia, a adaptación a outras formas de atención deberían estar en marcha, xa que contan cunha "guía como é a experiencia da formación en liña que impulsaron as profesionais do Hospital de Verín".

A nacionalista trasladou a necesidade de adoptar medidas "urxentes" para captar profesionais, garantir unha "adecuada" atención nos centros de saúde ás mulleres durante o embarazo e nos posparto e a adaptación da atención con soportes virtuais. 

Te puede interesar