O BNG pide incluír Ourense no plan de vivenda pública

Imagen panorámica de la ciudad (ÓSCAR PINAL).
photo_camera Imagen panorámica de la ciudad (ÓSCAR PINAL).

No BNG ven a "irrelevancia do goberno local" como causa da exclusión de Ourense do plan de vivenda pública e reclaman unha rectificación por parte de Xunta e Estado

O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense esixirá que a cidade sexa incluída no Plan de Vivenda Pública impulsado actualmente tanto pola Xunta como polo Goberno central. Os nacionalistas levarán unha moción ao vindeiro pleno municipal, no que o voceiro e candidato á Alcaldía, Luis Seara, reclamará unha rectificación, logo de que Ourense quedase excluída -única urbe galega nesta situación-, o que “constata unha vez máis a irrelevancia que a día de hoxe representa a terceira cidade do país e o escaso peso político e institucional do actual goberno local que, alén de laiarse constantemente, é incapaz de demandar perante a Xunta e o Estado, os investimentos e proxectos que o noso concello merece e precisa”.

Segundo manifesta o BNG, “a situación da vivenda no concello de Ourense é dunha especial gravidade, constituíndo o acceso a este ben esencial un dos maiores problemas sociais a día de hoxe”, xa que os veciños de Ourense, pese a ter un poder adqusitivo baixo en comparación con outras cidades glegas, “padecen un dos alugueiros máis caros de toda Galiza; nunca foi tan caro como até o de agora alugar unha vivenda na nosa cidade”.

Para o BNG, entre os factores que explican esta suba está por unha banda a falla de oferta e por outra o incremento da demanda turística, o que provoca que pisos que antes estaban no mercado do aluguer agora estean no dos apartamentos para turistas. 

No BNG lembran tamén que nos últimos trece anos a Xunta “apenas desenvolveu dúas promocións públicas de vivenda, ás que se engade un moi escaso número de vivendas rehabilitadas na zona histórica que nalgúns casos, e malia ser vivendas protexidas, presentan importes inasumíbles para moitas familias traballadoras e persoas mozas”.

Te puede interesar