POLÍTICA LOCAL

O BNG propón un plan estratéxico do termalismo

Noa Presas, con membros da candidatura, na visita ao balneario pechado en Berán (Leiro).
photo_camera Noa Presas, con membros da candidatura, na visita ao balneario pechado en Berán (Leiro).

A candidata do BNG por Ourense, Noa Presas, visitou onte o balneario da Entidade Menor de Berán (Leiro), "símbolo do desperdicio do PP de fondos públicos e un modelo termal fracasado", que contrapuxo ao Plan Estratéxico do Termalismo que propoñen os nacionalistas, que apostan por este recurso como "ben público que desenvolva todo o seu potencial no eido tamén da saúde pública e con liñas de investigación".

Durante a visita ás instalacións termais, Presas sinalou que este balneario amosa o "fracaso" do modelo termal do PP e que desmonta o "mito de bo xestor de recursos públicos" que teñen os populares. A cabeza de lista do BNG  estivo no novo balneario, aínda sen abrir unha década despois da súa construción, que "supuxo máis de 3 millóns de euros de investimento tanto de Fondos Europeos como da Xunta".

A organización nacionalista comprometeuse a "abrir un tempo novo no termalismo" fuxindo do "curtopracismo" do PP, cun plan estratéxio termal "que impulse a participación pública e procure o valor social do termalismo e abra a mente máis alá do turismo". 

Te puede interesar