O BNG propón un recurso contra o proxecto da intermodal

O BNG pedirá ao goberno municipal no vindeiro pleno que presente un recurso Contencioso-Administrativo contra a aprobación definitiva do estudo informativo da intermodal, "en defensa dos intereses da veciñanza e tendo en conta a lesividade de dito proxecto para Ourense no caso de executarse", matizan. 

Os nacionalistas amósanse contrarios a un proxecto cuxo estudo informativo vén de aprobar definitivamente o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Considérano un retroceso con respecto ao plan primixenio, "que contemplaba o traslado das vías cara a rúa Río Arnoia para garantir a permeabilidade do barrio da Ponte e o Vinteún". 

Por ese motivo, o BNG agarda contar co apoio do resto da corporación para sacar adiante a súa emenda e, que a consecuencia o pleno do Concello inste ao Goberno Local a interpoñer o recurso. Todo, subliñan, "en defensa dos intereses da veciñanza e tendo en conta a lesividade de dito proxecto para Ourense no caso de executarse". Do mesmo xeito, fan un chamamento á sociedade para que "reaxa e non permaneza calada ante o proxecto que transformará Ourense e que non pode converterse nunha oportunidade histórica perdida". 

Te puede interesar