CONFERENCIA NO ANTONIO FAILDE

"Unha boa idea vale máis que todo"

photo_camera Dani Bemvibre e David Silvosa, de Costa Comunicación Visual.

Dani Bembibre e David Silvosa, de Costa Comunicación Visual, falaron de deseño na Antonio Failde

A Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde acolleu este martes unha conferencia de Costa Comunicación Visual, procedente de A Coruña. A conferencia foi levada por Dani Bambibre e David Silvosa, socios fundadores do estudo de marca e deseño e versou acerca do proceso de traballo en deseño, desenvolvemento de identidade visual, creación dunha imaxe de marca e da importancia do deseño na xestión e desenvolvemento de modelos de negocio.

Os dous poñentes ofreceron ao alumnado e aos presentes no salón de actos da Escola a súa visión e experiencia na elaboración de proxectos de deseño, incluindo posibilidades, desenvolvemento, limitacións e retos. Sobre o cal destacaron que: “Deseñar é pensar visualmente, unha boa idea vale máis que todo. A idea é a diferencia. Pensar leva tempo e custa cartos. Pensar aforra tempo e cartos”.

O estudo foi creado no 2014 e traballa en proxectos globais de marca e identidade visual; deseño gráfico e dirección de arte; packaging e produto; e proxectos de retail e espazos. Entre os seus clientes atópanse Zara, Pull & Bear, Zara Home, Estrella Galicia, 1906 Reserva Especial, EXPOCoruña, Fundación Barrié, NEWS Belgium, La Sociale Paris, Kina Fernández, PCM Design ou o Concello de A Coruña, entre outros. Otorgáronselle dous Premios de Ouro e tres Selecciones nos Anuaria 2015.

Te puede interesar