A Bolboretiña del día: Primavera

wordcloud (2)

Convirán comigo en que a estación do amor é a primavera. Xa saben, prima-, antes da vera -verán, por iso “primaveira” é unha esaxeración galega baseada nunha regra de tres que non sempre existe (ese  “era” en castelán,  “eira” en galego). Así, a nosa forma boa é, simplemente, primavera, logo vén o verán (que en Ourense dicimos “vrau”) e o outono e o inverno. 

E volta e dálle. E así como a primavera é, seica, o tempo do amor, o verán é o tempo das linguas. De botar a lingua a pacer, porque hai moito tempo de lecer, para charlar, criticar, seducir..., pero tamén porque é o tempo en que viaxamos e recibimos viaxeiros, e practicamos máis as “outras linguas”, esas que tamén falamos -algo polo menos- pero non nas circunstancias normais de traballo. 

E como este ano a cousa está de viaxarmos por aquí, entre nós, pois pode ser un bo tempo para “botárense” a falar galego os que non o fan habitualmente, e sobre todo, con esas persoas que non nos coñecen nin saben a lingua que falamos na casa. Así que, como non hai atallo sen traballo, se quere gabarse de falar ben, póñase a elo. Graciñas.

Te puede interesar