A bolboretiña do día: Arenas e praias

wordcloud (1)

Praia, como tantas outras palabras que comezan por pr (prata, prazo, praga, preito, pregar...) é un semicultismo; isto é, vocábulos que se incorporan ao galego despois de que este estea bastante cociñado, por iso non se gasta o pl inicial do latín para producir un “ch” como en chuvia (de pluvia) ou chorar (de plorar). 

Isto sucedeu por volta do século VII ou VIII, ou por aí. E como se dicía antes praia? Pois bastante fácil botando man da toponimia. “Area”. Son innúmeras as praias de hoxe que levan algún nome facendo refrencia a Area: “Areas, Area Longa, Area Gorda, Area Brava, Area covas, Area Grande, Area Loura, Area Lourido”. É máis, Area figura como sinónimo de Praia mesmo no dicionario da RAG. E parace que “praia” na linguaxe mariñeira significaba ata hai ben pouco, só o lugar de concentración de pesca. 

En fin, na Arxentina chámanlle aos aparcadoiros -forma enxebre de parkings- “playas de estacionamento”. A primeira vez que o ve abre un a boca, logo xa non.

Te puede interesar