A bolboretiña do día: Por nó-los tres, non hai problema

wordcloud (4)

Se digo “Nós, os galegos...” fago unha mini pausa, despois de nós, unha coma, que introduce unha aclaración. Pero se en vez diso o que seguise fose un numeral, non habería pausa, e a única pronuncia posible sería todo xunto. 

Ou sexa, cumpría dicir por exemplo, “Nó-los tres somos de Cudeiro” ou “A vó-los catro xa vos teño moi vistos”. Son as chamadas “segundas formas do artigo” que non se adoitan poñer agora na escrita aínda que si é preciso mantérmolas na fala. De todas maneiras, tamén podemos escribilas, como eu fixen. 

O que non soa nada ben é lelo tal cal “Vós os tres sodes do Couto, e nós os catro do Polvorín”. É pouco enxebre.

Te puede interesar