A bolboretiña do día: Nosoutros, parte de nós

wordcloud

Círculos concéntricos. En galego o pronome suxeito de primeira persoa do plural máis normal é “nós”. O único que coñecemos en Ourense. Aquí naceu a revista “Nós” hai cen anos, sen ir máis alá. 

No norte de Galicia sempre din “nosoutros”. E hai unha zona intermedia onde combinan ambos dunha forma moi interesante e que debemos estender. Nós, a forma xeral e nosoutros unha aclaración particular dentro dese nós máis amplo. Así, diriamos, por exemplo, Nós, os galegos, como se tivésemos carreira, pero nosoutros, os de Ourense, catedráticos. 

Lembran as pegatinas?

Te puede interesar