Ourense

A bolboretiña do día: O vocabulario enxebre dos avós

Ourense

A bolboretiña do día: O vocabulario enxebre dos avós

A nai do año do coñecemento dunha lingua é o repertorio de vocabulario que empreguemos. E como cada día as linguas usan máis e máis palabras comúns que non existían hai cen anos (wifi, tsunami, vegano, feminista, futbol, guasap, pluviómetro, penicilina, fonendoscopio, light, wisky, coñác, kiwi, motor, espagueti, gripe, quiosco, sida, ébola, zika...) cómpre darlle pulo ás formas “enxebres” propias de noso e que compiten noutra división distinta á tecnolóxica ou modernidade. As causas e cousas esenciais. 

Unha persoa, na miña fala, en vez de “deprimida” pola culta, pode estar “amouchada”, “apouvigada”, incluso “escangallada”. E se se me “derrama” o coche, teño que levalo a “arranxar” ou -e aquí falaría en "ourensao auténtico"- a “gobernar”. 

Turremos dos nosos vocabularios familiares, do dos avós nosos que nos pasaron esta fala agarimosa e para agarimar.