A bolboretiña do día: Vou onda ti ou vés canda min?

wordcloud (5)

Insistimos sempre nas formas comparativas con a (ca e coma) diante do pronome persoal. “O Manolo é máis vello ca min”, “A Sheila é tan alta coma ti”. 

Pero cumpría potenciar, coido, as formas con a das preposicións “coma” e “onda” diante tamén destes pronomes. “Vou onda ti a ver se me botas unha man”. “Onte fomos a Coruña e veu canda nós o fillo do condutor”. 

Tamén, claro, noutros contextos, (“Vémonos onda a fonte da Praza do Ferro, ás sete”, etc.) pero cos pronomes é ben faciliño de lembrar. Enxebre, enxebre.

Te puede interesar