A bolboretiña do día: Vai no traballo

wordcloud (4)

Hai algúns verbos que teñen moitos sentidos e matices. O verbo “ir”, por exemplo, fala de movemento pero tamén de futuridade. Vou a Vigo. Vai chover. 

E hai unha forma moi nosa, na terceira persoa do presente de indicativo seguido da preposición “en”, para significar “estar transitoriamente nun sitio”.  Así, se preguntamos por alguén pódennos dicir. “Hoxe non está, vai en Vigo”. Ou se preguntamos “está teu home na casa?” “Non, vai no traballo”. Usémola. Moi nosa.

Te puede interesar